A casamenteiraAntonio Benito Fandiño Martínez
O asunto desta pequena peza teatral é a mediación dunha peculiar Celestina galega que coas súas artes persuasivas amaña os casamentos por interese ou trato. Se atendemos á data da escrita da obra, 1812, podíamos cualificar a peza coma o texto fundacional da literatura dramática galega contemporánea.