A Etapa Contemporánea I
A crise finisecular. A narrativa de López Ferreiro
A Depresión intersecular ou o Devalo da Marea

Intentar un esbozo do ambiente cultural e literario dos case 25 anos que van  desde o  1890  ao 1913 non deixa de ser un reto, a pesar de tratarse dunha etapa claramente secunda ri a, ao menos desde o punto de vista da literatura galega. Para empezar, nin sequera é tratada separadamente na maioría da tradición crítica, para a que o Rexurdimento non remataría no 1891, senón coa norte de Pondal e a creación das Irmandades da fala . En todo caso, no que si hai acordo é na valoración da mesma: Carballo Calero , e con el toda unha restra de estudiosos contemporáneos ou poste ri ores, fala de  epígonos  ou continuadores; outros, como o profesor Francisco Rodríguez valórana xa de entrada e falan de  depresión,  obviamente "non no aspecto cuantitativo, xa que a extensión da escrita en galego non se paralisou, senón no cualitativo, isto é, na perda de tensión suficiente para producir obra de calidade".

 

Así pois, haberá que falar de decadencia, de crise, dun evidente amortecemento dos bríos anteriores, pero seríamos inxustos se, empeñados na comparación cos grandes autores do rexurdimento poético, non soubésemos apreciar a contribución desta época á narrativa, ao teatro.

Este é efectivamente un período mediocre, moi especialmente na poesía, na que non aparecen valores orixinais, e se recrean unha e outra vez os vellos temas aos vellos usos, suscitando a ridiculización por parte dos xa consagrados ( Curros compáraos coas rans en O Divino Sainete ),   cando non o rexeitamento aberto dos sucesores (lembremos o Manuel Antonio do manifesto  Máis alá ).   Habería que engadir a isto o retroceso experimentado pola prensa monolingüe e, como aportación positiva, a aparición de textos didácticos en galego.

Canto á prosa de creación, tampouco aquí se pode falar de auténticos valores. Sen embargo, estudios recentes sobre este período reivindican unha realidade cuantitativa e cualitativamente non exenta de interese, reclamando para ela unha maior atención. Para M. Hermida, a producción narrativa en lingua galega foi acopla nesta etapa, e "os lectores non debían ser tan escasos —temos que relativizar en relación a outros xéneros— dado que, ademais dunha considerable producción editorial, as revistas de ben diversa índole quixéronse adornar con este tipo de textos". Así pois, estes  continuadores ,   entre os que cómpre destacar os ourensáns H. Pérez Placer ou F. Álvarez de Nóvoa , e os coruñeses Lugrís Freire , Amor Meilán ou Aurelio Ribalta, teñen o mérito, cando menos, de ampliar ámbitos de uso e de sobrepoñerse ós prexuízos da época, que restrinxían o galego á poesía. Cómpre non esquencer a aportación americana, e a importancia da prensa neste sentido. Indiscutiblemente, estes son os albores da narrativa e o teatro galegos.

Con todo, creo preferible falar de "etapa" antes que de "xeración" ou de "epígonos", por canto aquela é o resultado da convivencia e o labor simultáneo de membros de grupos xeneracionais precedentes ( Murguía , Pondal ou o propio López Ferreiro , e posteriores, como é o caso das primeiras publicacións dun Cabanillas ou dun Noriega Varela .

Polo que respecta ao autor que nos ocupa, a súa traxectoria vital discorre paralela ao despertar da cultura galega, no que participa activamente aínda antes da súa vinculación ao galeguismo, cando se funda a Asociación Rexionalista de Santiago no 1890.

López Ferreiro nace canda Rosalía e morre no 1911, de al que sexa coetáneo dos grandes mestres do Rexurdimento, e mesmo dos seus epígonos. Así o considera X. L. Varela, para quen López Ferreiro sería contemporáneo do que el chama a segunda xeración, a máis activa na recuperación do galego como idioma escrito e como instrumento artístico, é dicir, a de Rosalía, Pondal, Saco Arce, Vicetto, Murguía, etc.; ou os músicos Berea, Montes e Pascual Veiga, que emprenden a creación de orfeóns, a fundación de establecementos musicais e a defensa e divulgación do folclore musical. Así pois, con este segundo grupo xeneracional comeza a súa obra histórica, prolongada ata o día do seu pasamento, ben entrado xa o século XX; pero as súas novelas son moi serodias, de 1894/5 e 1905, cando xa a plenitude do Rexurdimento pasara e os xa mencionados  epígonos  señoreaban a nosa escena literaria.

En consecuencia, por idade pertence á segunda xeración, pero a súa actividade intelectual faino convivir cos membros da terceira (Lamas Carvaxal , Curros, Martínez Salazar, o mestre Chané, etc.), e os epígonos ou continuadores (Lugrís, Pérez Placer, Rodríguez López, etc.). Canda eles tamén o propio Murguía, Carré Aldao ou o músico Baldomir, por citar os máis sobranceiros.

 

IMAXES