O Rexurdimento é un movemento cultural e literario vinculado a unha ideoloxía (Provincialismo e Rexionalismo) de reivindicación social e de defensa de Galicia (moi especialmente a súa lingua). Nnas súas orixes, o Rexurdimento está relacionado co Romantismo: interese polos temas populares e exaltación da liberdade individual e social. Trátase dun Rexurdimento fundamentalmente lírico pola maior abundancia e calidade da poesía fronte á narrativa e o teatro. Os intelectuais do Rexurdimento descoñecen, en xeral, a poesía medieval. Polo tanto, enfróntanse a unha carencia total de tradición literaria culta. Predominio da temática relacionada co mundo rural como lugar de conservación da lingua e tradicións culturais.
Un paseo pola catedral de Santiago cun poema de Rosalía: Na Catedral