O ensaio é o xénero literario máis novo da nosa literatura. O seu impulso esta ligado ao labor dos membros das e do Irmandades da Fala , preocupados en gañar novos ámbitos de expresión para a lingua galega na perspectiva de conformar un sistema literario completo. O traballo dos grandes ensaístas da xeración do 16, entre os que destacaremos a Partido Galeguista Ramón Vilar Ponte , Vicente Risco , Otero Pedrayo , López Cuevillas e Daniel Castelao , terá continuidade nas mulleres e homes da xeración do 25, dos que son exemplo Bouza Brey , Carvalho Calero , sendo cortado polo golpe militar fascista de 1936. A produción ensaística galega manterase vivo no exilio americano da man de persoas da xeración anterior e renacerá na Galiza a carón de autores que xa se deran a coñecer no período republicano, caso do propio Carvalho Calero ou Fernández del Riego , e dunha nova xeración que entra na esfera pública a mediados dos anos sesenta ou comezos da década setenta.
O labor ensaístico nas últimas décadas caracterizase por un desenvolvemento contraditorio e con importantes diferenzas coa etapa anterior. Así, asistimos a un aumento da obra publicada neste ámbito, favorecido, entre outros aspectos, pola posta en marcha de coleccións especificas por parte de determinadas editoriais ou pola creación de outras novas orientadas fundamentalmente a este xénero, pola aparición de revistas ou publicacións especializadas e tamén polo aumento da produción ensaística en galego desde a esfera universitaria, o que representa unha importante mudanza con outros momentos históricos. Porén, este salto cuantitativo, non se veu acompañado dunha maior incidencia e repercusión social do xénero, ficando moitas publicacións reducidas a círculos de iniciados, significándose, ao tempo, un retroceso en determinadas temáticas como consecuencia dun escenario nacional e internacional hostil as formulacións teóricas.
A continuación achegamos unha panorámica de conxunto do ensaio galego actual. A escolla das areas temáticas responde aos grandes eixos da actividade doutrinal en Galiza, tentando fornecer unha visión das diversas liñas de investigación en confronto que permita visualizar unha perspectiva plural dos debates existentes. Os traballos aquí sinalados correspondese coa actividade ensaística desenvolta no país desde a década dos oitenta, momento chave da nosa historia por coincidir coa consolidación do réxime democrático burgués e a instauración da autonomía, factores que condicionaran a produción doutrinal. A obra dunha parte dos autores aquí referidos foi publicada con anterioridade ao período estudado, se ben a súa introdución nesta achega responde á obra publicada no tempo que referimos.