Etapa Medieval
Caracterización xeral. Cantigas de escarnio e maldicer
A Música

As cantigas son poemas que están destinados ao canto, non á lectura, e por tanto o trobador compuña letra e música. O feito de que o primeiro Cancioneiro ficase sen rematar privounos de coñecer a música da nosa literatura medieval. No Cancioneiro de Ajuda ,os copistas deixaron o espacio para facer a notación musical, pero non chegaron a escribila. Este espacio aparece só nos versos da primeira estrofa da cantiga, polo que temos que imaxinar que a melodía era a mesma para as restantes estrofas.

Arpa.

Unicamente se conservou a música de trece cantigas profanas atopadas en dúas follas soltas: seis de Martín Códax ( Pergamiño Vindel )e sete de Don Dinís ( Fragmento Sharrer ).

IMAXES