As Cantigas de Santa María chegaron a nós en catro códices. O da Biblioteca do Cabido de Toledo, hoxe na Biblioteca Nacional de Madrid, demoninado códice To ,contén 128 cantigas con notación musical. O da Biblioteca Nacional de Florenza (F) contén 104 cantigas sen notación musical e coas ilustracións sen rematar. Na Biblioteca do Escorial consérvanse os outros dous, o T e o E ; o códice T contén 193 cantigas con notación musical e 1275 miniaturas; por último, o códice E ,o máis completo, ten 417 cantigas con notación musical e está ilustrado con 40 miniaturas.
Ornamentación para a Cantiga I.
As diferencias que hai entre os códices, tanto no número de cantigas como nas ilustracións, unido a outras moitas consideracións de análise codicolóxica, leva a pensar que a data de elaboración se estendería entre 1257 e 1283, nun proceso en que o códice de Toledo ( To )sería o máis antigo e o escurialense ( E ) o máis moderno.