O cancioneiro relixioso galego-portugués está constituído polas 427 composicións contidas nas . Cantigas de Santa María
Como xénero literario en latín, as coleccións de milagres teñen a súa orixe no século VI, mais é no século XI cando a Igrexa potencia o culto a María como protectora dos cabaleiros que marchan ás Cruzadas e intermediaria da humanidade perante o seu fillo, Xesús Cristo. No século XIII, o grande pulo que recibe a predicación vai producir un enorme florecemento do xénero, mais agora escrito xa nas diversas linguas romances. Estas colectáneas tiñan, ademais da intención relixiosa, un fin propagandístico, o de potenciar a devoción de determinados santuarios. Nesta tradición europea enmárcanse as Cantigas de Santa María ,ao carón dos Miracles de Notre Dame, de Gautier de Coincy ou os Milagros de Nuestra Señora ,de Gonzalo de Berceo.