Cero

2011
1296812587Cero1.jpg

Neste segundo libro de Oriana Méndez todo parece destruído e acabado de nacer, como talvez se nos queira sinalar no título.

Tempo final e, tamén, comezo de todas as cousas. Os poemas non pretenden a reconstrución dos feitos nin a historia íntima da súa podremia; os feitos son representados na súa súbita aparición: fragmentados, dispersos ou tamén expandidos.

cero desconfía do debuxo concluído, quizais por iso é unha indagación permanente sobre o centro mesmo dos significados.

 

Autoría