Cabalgada na brétema

2006
cabalgada_na_bretema.jpg

Un libro que contén mortos e melancolía, unha historia e terra, e cólera.

Coma un carballo, a obra poética de Darío Xoán Cabana (Roás 1952) abrangue e é expresión dun mundo que pola intensidade da verba se fai extenso, inesgotable.

Cabalgada na brétema é un libro que contén mortos e melancolía, historia e terra, e cólera.

Un rei líbrase das cadeas con que o enterraron hai mil anos, e revoa a patria.

Un labrador antifarnquista vai ficando enviso na lembranza dos frios de Teruel.

Un poeta de mediana idade olla a nación, a clase, a casa, a estirpe, a morte.

Alento comunal e memoria persoal nun poemario admirable.

 

Autoría