Adán, Carme

Adán Villamarín, Carme
Donostia, 1966
Adán, Carme

Carme Adán (Donostia, 1966) filósofa, ensaísta e política, é doutora en filosofía pola USC. Catedrática de Filosofía de Ensino Secundario, desde 1997 até 2005 foi Presidenta da Aula Castelao de Filosofía, sendo na actualida Presidenta de Honra da mesma. É autora de obras de carácter pedagóxico e didáctico como Autonomía e Heteronomía (1995) e Os feminismos (1995), colaboradora en obras colectivas como Estudios de lógica borrosa y sus aplicaciones (1993), Filosofía e Xénero (1996) e Género y Ciudadanía (1999). Traductora xunto coa filosofa M Xosé Agra do libro Ecología y feminismo (1998). En 2003 publica Feminismo e coñecemento. Da experincia das mulleres ao cíborg, obra que sería traducida ao castelán en 2006. En 2011 recopila en Cartografías do derrubo os artigos xornalisticos de dous anos de colaboracións co desaparecido Xornal de Galicia. No periodo 2005-2009 desempeñou o cargo de Secretaría xeral da Igualdade no goberno galego, desde o 2009 ao 2016 foi deputada no Parlamento galego.