Valentín Carrera González naceu en Ponferrada o 22 de marzo de 1958. Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela(1981), así como Diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática e Master EAVE (Programa Media-Unión Europea); tamén é doutor en Belas Artes pola Universidade de Salamanca (1998). Foi profesor asociado de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.
Como xornalista traballou durante máis de vinte anos na imprensa, radio e televisión, desde que publicou os seus primeiros artigos en 1971, con trece anos de idade, en Aquiana e Diario de León. Desde entón ten sido redactor de La Región (1978-80) e La Voz de Galicia (1980-82; Xefe da Sección Internacional do Diario de Galicia (1987-88) e colaborador de diversos xornais, como El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Vanguardia, etc. En televisión, dirixíu máis de documentais, series e programas, dos cales, Os viaxeiros da Luz, As viaxeiras da Lúa e Doa a doa foron emitidos pola TVG (Televisión de Galicia).
Percorreu varios países de América (Perú, Bolivia, Cuba, Brasil, Arxentina); de Europa (Alemania, Reino Unido, Azores, Madeira, Francia, Rumania, Hungría, Rep. Checa, Bélxica); así como Xapón. Realizou viaxes a pé por Brocelianda (Bretaña), Lisboa-Santiago, Ourense-San Andrés de Teixido; Camiño de Santiago desde Roncesvalles, Cañada de la Vizana, etc.; a cabalo, Galicia, O Bierzo e Escocia; así como periplos marítimos polo Grande Sol e os mares da Antártida. E, recentemente, O Bierzo en globo. E foi cronista da primeira expedición española á Antártida.
Dirixíu a empresa IBISA TV desde 1988 até 2010 e desde 2011 dirixe a editorial Paradiso Gutenberg e impulsa a editorial on line eBooksBierzo. Colabora como analista político na radio galega, no xornal dixital Galicia confidencial e El Semanario Digital, así como no su propio blog, tornarratos.com. Tamén é editor .
En canto ás súas achegas á literatura galega, podemos citar, en narrativa, a obra Riosil (Xerais, 1990), que levou o Premio Blanco Amor de novela longa. En periodismo e ensaio é autor de As eleccións xerais do 20N na rede (Lea, 2011), en colaboración con Yolanda del Campo e coautor do traballo titulado Necesidades de formación do audiovisual en Galicia (Xunta de Galicia, 2002).
Foi Premio Galicia de Comunicación.