Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e desde o ano 1988 traballa como crítico literario no semanario A Nosa Terra, con especial atención á narrativa. Durante a década de 1990 dedicoulle moito tempo á divulgación e dinamización cultural das terras de Chantada. Participou na creación e coordinación da 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, primeiro premio literario de micronarrativa xurdido en Galicia. Tamén nesta década colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías. O labor que desenvolve como crítico literario mereceu, no ano 2004, o Premio á Colaboración Editorial que concede Edicións Xerais de Galicia.