Fraga, Antonio Manuel

Fraga Allegue, Antonio Manuel
Pontedeume, 1976
Fraga, Antonio Manuel

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol. Dende o 2006 vive na Coruña, cidade na que traballou na refinaría de petróleo. Viviu despois en Alcañiz (Teruel) e no inverno de 2010 trasladouse a Romanía, onde participou na construción dun parque eólico. Tras o seu regreso da emigración, comezou a escribir. Gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 con "O Castañeiro de Abril". Dende entón publicou en Xerais "Tartarus" (2016), na colección Fóra de Xogo, e "Escaquis e Romeu" (2018) na colección Sopa de Libros.