Estudou o bacharelato no IES Basanta Silva de Vilalba. Viviu en Galicia ata os dezasete anos e despois estudou en varios países con bolsas. Formouse en literatura comparada e historia nas universidades de Cambridge e Brown. Acadou os premios literarios Minerva, Ánxel Casal e Xuventude Crea. Cursa un doutoramento en literatura na Universidade de Yale, onde tamén exerce a docencia.