Nacín en Cudeiro, Ourense, en xuño de 1947. Narrador, poeta, editor e artista plástico. Vivín en Madrid, París e San Sebastián. Fixen crítica literaria e mesmo escribín de moitas exposicións de arte. Finalista do premio Barral de novela 1971. Interésame novelar axilmente unha historia de ficción. En troques, non me interesan os intelectuais. En canto a arte, non penso baixar ós museos ata despois de morto. Viaxei por Marrocos.
[Febreiro, 2002] |