Xavier Manteiga Pousa, nado en Santiago de Compostela en 1968, é escritor e guionista.
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Escritor prolífico, sen abandonar a creación literaria, nos últimos anos inclinouse polo mundo audiovisual, desenvolvendo diversos proxectos para a televisión e o cine, como a edición do equipo de guionistas do Show dos Tonechos.
Premios
Finalista do Premio Esquío de Poesía 1995 con As portas do inferno.
Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con Sinfonía inacabada.
Premio Xerais de Novela 1997 con Manancial.
Finalista do Premio Blanco Amor de novela 1999 con Ira.
Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con O soño de Caín.
Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, polo guión cinematográfico Ma Clon.