Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Lingua e Literatura Española. Colaborou en Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo na Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela autoeditada. Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1981).