Licenciado en Filoloxía portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicouse á tradución e á docencia. Reside en Viena.
Obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía en 1997, o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón en 2000 e foi accésit do Premio Esquío de poesía en 2004. En 2007 gañou o Premio de poesía Caixanova coa obra Sombras, rosas, sombras. En 2014 gañou o Premio Miguel González Garcés coa obra Arte de fuga, e en 2018, novamente o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón con Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo.