MILLÁN PICOUTO (Ourense, 1949). Poeta, dramaturgo e compositor, fundou o grupo teatral Auriense nos anos 70 e contribuíu ao renacemento do teatro galego arredor do certame Abrente.
En 2000 publicou «Obra Lírica Completa», libro que desde aquela ten tido varias ampliacións inéditas. Ao ano seguinte comezou a publicación da súa obra dramática en Ediciones Linteo: «Ciclo de Venus» (2001), «Ciclo de Mercurio» (2002), «Ciclo da Terra» (2006), «Ciclo de Marte» (2007), «Ciclo de Xúpiter» (2008), libros que integran traxedias e comedias agrupadas en ciclos planetarios como partes orgánicas do conxunto teatral «MACROCOSMOS», aínda non terminado. Baixo ese título publicou en 2009 a súa propia versión ao español das primeiras 23 obras.
A devolución da palabra poética ao escenario, a recuperación de todos os rexistros e dos mellores modos da tradición teatral europea, coa súa autonomía verbal, e o retorno do coro como un dos elementos principais son designios que alentan en toda a súa obra dramática.
En 2008 recibiu o Premio de Teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e en 2009, o Premio de Teatro e Poesía da Asociación Galega de Editores.
Obras líricas Conto de abril Silvania A peso de ouro Fisterra CICLO DE VENUS Nausícaa Os espellos e a noite Empédocles Os corvos As andoriñas María Soliña Illa de Páscoa II: Iko Illa de Páscoa III: Ororoina Os guerreiros celestiais Asteroides Vercinxetórix, príncipe da Galia Xulio César Zenobia, raíña de Palmira Lánser e Íngrid
[Setembro, 2010] |