Naceu en 1955 nunha aldea do concello de Bande na Limia Baixa. Estudou Filoloxía en Compostela onde se doutorou cunha tese sobre literaturas africanas de lingua portuguesa. Na actualidade é profesor titular na Universidade da Coruña.
Ten varias publicacións sobre literatura (Rosto Negro, O Texto nas Margens, Entre Próspero e Caliban, Voz e Siléncio, etc.). No ámbito da criación literaria participou na publicación de Alén (1977), nos volumes colectivos De Amor e Desamor (I e II), así como o libro individual de poemas Os habitantes da Culpa.
Ten colaboracións dispersas en revistas galegas e portuguesas como Colóquio/Letras, Nova Renascença, A Nosa Terra, Mealibra, Luzes de Galiza, etc.
[Febreiro, 2002] |
Impre(ci)sión - César Morán - Río de son e vento