Santiago González Lopo, coñecido como Santiago Lopo, nado en Vigo o 2 de marzo de 1974, é escritor, profesor e tradutor.
Actualmente é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión. Desde o 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traducións.
Premios
VI Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia no 2006, por Game over.
XXIV Premio García Barros no 2012, por Hora zulú.
VIII Premio Narrativa Breve Repsol no 2014, por A Diagonal dos Tolos.
Premio Xerais 2017, por A arte de trobar.