Manuel Seixas (Manuel García Seixas) (Vilagarcía, 1961) é profesor de filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno. Como poeta publicou Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001). Debutou como narrador co libro de relatos Viñeron do espacio interior (1996), ao que seguiron as novelas A velocidade do frío (1996), Premio Xerais; Bailarina (Xerais, 1999), e Interferencias (Xerais, 2015). Ademais publicou o ensaio incluído no libro A memoria de Vilagarcía (Xerais, 2003). Como músico co grupo Korosi dansas editou os cedés Cordura (1995) e Non! (1996). Un conxunto de temas baseados na súa novela A velocidade do frío foron musicados por el para o CD homónimo, editado en 1997. Outro cedé en solitario foi Presentimento (2001). Co grupo Neuroband editou Microse (In memoriam Roberto Camba, 2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015).
Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva poden atoparse no seu espazo web: www.manuelseixas.com
Suponse que Manuel Seixas son eu; e eu debería saber o que me gustaría que atoparades aquí. Pois, o que pretendo é que atopedes todo o que escribín e toda a música que fixen para voar na rede dende o 2005-2012: Creación Persoal e tamén información e material sobre a miña obra publicada tanto literaria, musical… Pero non só "fría" e "científica" información (que tamén: textos, crítica, portadas, datos varios…) senón o que eu penso ou o que me apeteza compartir con vós sobre o que cantei, escribín, dixen, son? E, máis cousiñas. Por exemplo, se ides ao apartado Literatura, atoparedes material -editado e non editado- de todo tipo. Veredes tamén que, no apartado de Música, á marxe do meu traballo en solitario, aparece unha páxina o máis completa posible sobre o grupo no que tanto tempo levei traballando, Korosi Dansas, con discografía, fotos, textos, etc. E que dicirvos se ides a Neuroband !!, alí está a miña-nosa última (2002-2012 e máis?) aventura neurótico-musical. E, en Madame Mir, podedes achegarvos á maxia deste selo-nave multidisciplinar, aberto a ti e para ti, onde cada día, máis e máis madamemiradictos percorren as galaxias da creación e posterior edición e distribución do creado. (Aínda que como veredes isto agora é para min historia que pasou, ilusión do tempo, porque Madame Mir pasou a mellor vida. Que lle imos facer!). Do mesmo xeito, no apartado Manuel, haberá aspectos íntimos-persoais:Filosofía, Casa-Vida, Curriculos fríos e quentes e Autorretratos de todo tipo. Así que, estará o HIPER-OCO co que comecei: Un oco (non sei de qué tamaño, de qué mundos estraños ou aparentemente claros, ou radiantes de verdade) no que tentarei escribir, "crear" para min e para vós, a partir do 2005: Creación Persoal ; e outro oco no que agardarei os mundiños vosos propios que queirades que vaia enchendo : Espacio de Creación. Para isto estará o Correo, para o que me queirades enviar ou dicir, cousa que agardo fagades tamén nos numerosos "Falade vós de…" que enchen os recunchos desta páxina que pretende latexar. En todo caso, en cada lugar no que entredes, espero que atopedes algo que vos pague á pena (aquí ou nos Links, ou onde sexa). Se non, pois xa sabedes, un segundo da nosa vida, ás veces, é moi grande, creo que máis grande e precioso que toda esta e outras e outras e outras páxinas e redes todas xuntas. Ou non ??
Agracedementos técnico-táctico-amistade-graciñas mil: A Javier Bouzas por darlle "caparazón" e agarimo a esta páxina. A Cris Pavón, por completala, pelexarse con ela e coas que nola colgan-descolgan, e polo seu bo gusto e a súa calidade. A Luismi, por tentalo e dar ideas (saúdos a Sandra e ao voso "tesouriño"). A tod@s @s que mandáchedes ou ides mandar cousas. En especial, felicidades polo seu gran traballo fotográfico e de apoio incondicional a Amebavisión (quérote), e, como non a Xurxo Romero, por tantas preciosidades na páxina. Grazas enormes tamén a José Luiz Oubiña pola miña foto de "aqueles tempos" da portada (e no seu nome a todos os fotógrafos que me/nós retrataron: Víctor Mejuto, etc., etc.), e a Roberto Camba, un bico para alá, para o "inmenso e precioso mar" dos músicos. A Santi Frutos por resolver e aturar todas as miñas dúbidas técnicas e por ser tan marabilloso. Á xente de Stin: Santi (qué paciencia mutua con este becho-ordenata), Luís, Ramón, e cómo non, aos que máis se pelexaron co becho: Alberto e Jose. Mil gracias a pesar de que se me vaia colgar agora antes de gardar na..., he, é algo, algo é? de coña. E aos meus Neuroband, e Fungo, ai!!! (Koko-Edgar, Nico, Víctor, Alemán, Faber), que sempre me dan caña para que suba unha cousa máis, e para que siga vivindo musicalmente (mentres aguante a saúde) e para que me siga sentido xoven. Para todas as editoriais e casas discográficas que confiaron en min-nós, medios de comunicación, para to@s @s músic@s ao longo da miña vida, para todo dios bendito que fixo e fai posible que faga o que fago e que algo diso o coloque aquí, neste mundiño virtual. E para tod@s @s meus alumn@s, qué sería de min sen vós. (Sería un home tranquilo, he, he, nin de coña!). Grazas polas traduccións de Presentimento: ao Euskera: Carlos Crespo, ao catalán: Laura Arbiol (bicos lindos para ti, Segundo e a family), ao inglés: Suso Bao (abrazón e un bicazo para quen me mantén vivo tantos días no traballo: Elena), ao alemán: Marta (recordos, para ti e para o Jorge).
Bicos para tod@s @s que non nomeei ata agora (Siro, Stela, Antonio, Marika (¡Marikiña!), Kathrin, Javier Debesa, Chelo, Marita, Carlos, pai, nai, nosa Laura!!, o noso Stewie, o nunca esquecido Teo, Javier Camba, César Morais (esteas onde esteas, sen ti tantas cousas non terían sido posibles. Viviches unha vida digna e propia. Felicidades, amigo!), Jose, Raúl, Fernando, Mikel, Alicia, Mercedes Oliveira, Juan, Nieves, Jose, Ana, Fita, ai Fita!, José, José María, Julián e Maryté (e toda a súa familia, gracias por aguantar á Neuroband), outro Julián, Javier, Ángel (todos Siniestro), Iván, Dra. Dolores Alonso, aos meus bos profes e tamén aos malos, aprendín moito deles, Marta, Martita, Jose, Bea, Emma, Paco Macías, Manolo Bragado, Alberto Augusto Miranda, Miguel Curra, nosos Josito e Dolo e ti tamén,Elena e Ana e Doa, Marilar, Manuel, Pepe Sendón, Carlos Couceiro....................) pero que moit@s estades nesta páxina, ao mellor non rodeados de gran deseño ultra flash que te cagas, pero estade seguros que estades rodeados de corazón vivo e @s que non cito por non seguir, porque non coincide que esteades aquí directa-indirectamente, pero que sodes e estades, xa sabedes o que sinto por vós. Así que o voso nome vai comigo, e se non lembro o nome, (porque cada día o tempo vai facendo máis buraquiños e hai alumn@s que sei quen son e o que sinto por el@s, pero non me lembro xa do nome),é igual, vós estades comigo. Biquiños.
Á Illa de Arousa e á miña muller por traerme "a rastras" e con todo o seu esforzo a este paraíso, por agardar por min, por me aturar ata que xa non lle quedaron folgos. Espe, sen ti e todo o que significas ti, eu de seguro sería carne de psiquiátrico. O monstro asume o pasado e tentará coidar a esperanza no futuro.
Manuel Seixas. 30 de Decembro de 2004. (Revisado o 31 de Xullo de 2012).