Taxes Prego, Francisco Manuel

Taxes Prego, Francisco Manuel
1942 - 2003
Taxes Prego, Francisco Manuel

Francisco Manuel Taxes Prego naceu no ano 1942 na cidade da Coruña, onde faleceu aos sesenta e un anos de idade.
Autor de varios relatos, escribiu roteiros cinematográficos, colaborou con TVG e RNE e desempeñou a profesión de crítico en varios xornais, mais o seu grande recoñecemento débese á faceta teatral. En 1971 redixiu a primeira peza de teatro intitulada O velorio, obra que tivo unha enorme repercusión, xa que a súa encenación en 1978 marcou o inicio do teatro profesional na Galiza. Con todo, permaneceu inédita até 2002.
Lenta Raigame, Caderno de Bitácora —aínda sen publicar— e Casta i Albito completan a produción dramática do autor.