Tucho Calvo

Calvo Rego, José Benito
La Guaira (Venezuela), 1954
Tucho Calvo

José Benito Calvo Rego (Tucho Calvo) naceu en La Guaira (Venezuela) o 17 de novembro de 1954.. Fillo de pais emigrantes, chega a Galiza polo porto de Vigo na viaxe do trasatlántico Santa María que seguíu ao seu secuestro por Galbao e o comandante Sotomayor, para pasar a súa infancia en Loiba-Ortigueira. Accede ao xornalismo pola vía profesional e cursa estudios -que non remata- de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e de Periodismo en Madrid, simultaneando xa estes co traballo en diversos medios. Xornalista vencellado a “La Voz de Galicia” dende 1976 ata 2010, nela exerceu os máis diversos cargos, dende auxiliar de redacción a redactor xefe de deportes durante oito anos; así como de Cultura ou de Accións Especiais. Comezou no mundo da prensa en “El Correo Gallego”, do que sería despedido tras esixir da dirección que se informase obxectivamente do conflicto planteado cando o alcalde compostelano e asesor xurídico da empresa editora, Antonio Castro, afirmou que Castelao non merecía nin unha conferencia e suscitou a reacción dos intelectuais galegos encabezados por Otero Pedrayo. Colaboraría posteriormente, entre outros medios, en “La Región”, “Arriba”, “Opinión”, “Ciudadano”, “Radio Francia Internacional” e “El Pais”. A mediados dos 80, dirixiu durante unha breve etapa o diario “La Crónica de León”.
Como escritor deuse a coñecer con “Froito das lembranzas” (Edicións do Cerne, 1981), que acadou o Premio Galicia —,1980. A súa segunda novela foi “PAE-Século XXI. No comenzo dunha nova historia da humanidade” (Edicións do Cerne, 1982); títulos aos que seguiron, Astra o confín (Ed. do Castro, 1983); Telúrico (Espiral Maior, 1997); Luz de Abrente (Galaxía, 1999); O xabaril branco (Ed. Ir Indo, 2000) ou corazón entre desertos ( Ir Indo, 2002).

En 1977 publica na Biblioteca Gallega, O legado xornalístico de Valentín Paz Andrade e, por encomenda de La Voz de Galicia, encárgase da edición de Murguía e La Voz de Galicia (2000); Antón Villar Ponte: 100 artigos (2003) e Carlos Casares: o conto da vida (2003).

En 1996, realiza a súa primeira incursión na literatura infanto-xuvenil coa publicación -autoeditada- Viaxe por Trapananda, nas terras que chaman última esperanza; título aos que seguen, A castaña que chegou á árbore (Ir Indo, 2000); Gatipedro (Kalandraka, 2002); Formigas (Biblos, 2012) ou Paxaro de mar e vento (Biblos, 2012).  Neste sentido, no 1977 recibíu o terceiro premio no concurso de contos infantís de O Facho, así como outros que viñeron posteriormente como o Modesto R. Figueiredo (1980 e 1981); O Meco (1983) ...

En marzo de 2002 lanza con Carmela González Boó o proxecto Biblos Clube de Lectores e a colección Mandaio (pensada especialmente para os seus socios) coa idea de facer visíbeis a produción cultural galega en diferentes formatos (libros, discos, cinema ...) e portuguesa, así como as/os seus protagonistas. 

O autor ten considerábel obra publicada en colaboracións de carácter colectivo.