Vidal Portabales, Ignacio

Vidal Portabales, Ignacio
Santiago, 1958
 Vidal Portabales, Ignacio

Ignacio Vidal Portabales (Santiago de Compostela, 1958) é profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito profesional, publicou varias monografías de temática xurídica, referentes ao dereito da publicidade e á sociedade da información. No eido literario, obtivo, na súa mocidade, diversos premios de poesía, tanto en lingua galega coma en castelán: Premio Universitario San Martiño Pinario (Santiago de Compostela), Premio Manxa (Ciudad Real), etc. En narrativa, gañou o Premio Blanco Amor con Dióxenes en Dolorida (Xerais, 2013). No ano 2014 unha das súas novelas foi seleccionada entre as dez finalistas do premio Planeta e quedou na cuarta posición; e en 2015, tamén chegou á final do Premio Fernando Lara. “O inspector e mais eu” (Xerais 2016) é a segunda novela que publica.