O Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril) foi aprobado polo pobo galego no referendo do 21 de decembro de 1980 e ratificado polo Congreso dos Deputados e o Senado en febreiro e marzo, respectivamente, de 1981. Publicouse no Boletín Oficial del Estado do 28 de abril de 1981 e no Boletín Oficial da Xunta de Galicia de outubro do mesmo ano.
O Estatuto de Autonomía de Galicia é a nosa norma institucional básica , o Estatuto recoñece a esta comunidade a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.