Certame de Teatro do Miño

1960

Celebrado en Lugo, no ano 1960, este acontecemento, malia contar cunha soa edición, tiña por obxectivo o recoñecemento e revitalización do teatro galego. Neste sentido,o Certame de Teatro do Miño  tivo unha grande importancia e fructificaría coa aparición de novos autores-as, así como coa posterior convocatoria dos Premios de Teatro Castelao (1963-1965).

As seis obras seleccionadas polo xurado foron A noite vai como un río de Álvaro Cunqueiro; Nicolás Flamel, de Daniel Cortezón; A volta de Ulises, de Xosé L. Franco Grande; O auto do labrego, de Manuel María; Orestes, de Arcadio López Casanova; e Os homes poden ser deuses, de Juan Mª Gallego. Carvalho Calero, membro do xurado, atopaba nelas un trazo común: o de seren teatro de cámara, é dicir, teatro para minorías, non para o grande público. Isto, loxicamente, ten as súas causas nas circunstancias socio-políticas e históricas en que foron escritas, xa que as posibilidades de que foran representadas eran nulas.