División provincial de Galiza

11/1833

Galicia perdeu a súa representatividade como unidade administrativa e desapareceu da Xunta do Reino de Galicia (1833). É aquí naceron os catro existentes provincias de Galicia que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. O proxecto de Luis de Burgos de 1833 supón a consolidación dun Estado Español fortemente centralizado. A división territorial de España de 1833 foi un proceso de reordenación administrativa do territorio do reino de España (excluíndo as colonias) nun estado centralizado dividido en 49 provincias.

Esta división provincial consolidouse e triunfou rapidamente, pois inmediatamente dotouse ás capitais de provincias das institucións de goberno básicas, creándose ao tempo a figura dos xefes políticos (posteriormente gobernadores civís, actualmente delegados e subdelegados do Goberno). Amais, a división provincial converteuse no soporte para todas as ramas da administración pública e as futuras divisións. Todos os concellos, e a súa periferia debían estar integramente dentro dunha provincia.