No verán de 1909 Santiago viviu un acontecemento sen precedentes na historia de Galicia como foi a Exposición Rexional de Galicia, que recibiu máis de 600 instalacións situadas en once pavillóns que dez mil pezas de arqueoloxía, arte e historia foron expostas. Inaugurada o 25 de Xullo foi unha mostra cultural, artística e industrial, impulsada pola chamada Liga de Amigos de Santiago.