I Concurso Castelao

1963

Tendo como antecedente o Certame de Teatro do Miño (celebrado en Lugo en 1960), xorden en 1963 os Premios de Teatro Castelao (tamén coñecidos como Concurso de Teatro Castelao), os cales se prolongarán até o ano 1966. A celebración deste acto é un dos acontecementos que marcan o inicio da renovación do teatro galego.

As obras gañadoras foron as seguintes:

  • Cando Morren os Farois (1963), de Ángel de la Peña.
  • A revolta (1965), de Jenaro Marinhas del Valle.
  • Un Hotel de Primeira sobre Río (1966), de Xohana Torres.

O final dos Premios de Teatro Castelao produciuse como consecuencia do nacemento do Teatro Independente, supoñendo este último feito  o inicio dunha nova etapa do Teatro Galego.

 

Integrantes