O 18 de abril de1943 no estadio Centenario de Montevideo, diante de máis de 50.000 persoas, Castelao falou nun mitin en conmemoración do décimo segundo aniversario da proclamación da segunda República Española. No xigantesco acto participaron Augusto Barcia, ex presidente do Consello de Ministros, o xeneral Miaja, Diego Martínez Barrio, presidente das Cortes, Luis Batlle Berres, presidente da Cámara de Deputados do Uruguai e os tamén deputados Emilio Frugoni e Amador Sánchez. En nome de Cataluña falou Manuel Serra Moret e en nome de Euskadi Ramón María de Aldasoro.