Principalmente por dous poetas non vinculados ás xeracións de preguerra: Manuel María e Cuña Novás. Muiñeiro de brétemas (Benito Soto, 1950), Morrendo a cada intre (La Voz de la Verdad, Lugo, 1952) e Fabulario Novo de Cuña Novás (Benito Soto, 1952), sinalan a aparición da corrente chamada "Escola da Tebra" —nun principio distintiva dos poetas da Xeración das Festas Minervais—, que supuxo, en grande parte, a superación do imaxinismo e do neotrobadorismo. Renovación na historia da poesía galega, a que tamén significan O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro (Alba, 1954) e Os Eidos de U. Novoneyra (Galaxia, 1955).