En 1953, o Seminario de Estudos Universitarios (SEU) (de carácter falanxista), propúxose recuperar o estilo imperial do Santiago do Século de Ouro restaurando as Festas Minervais, mais sen convocar premios para poesía en lingua galega. Mesmamente nestas primeiras Minervais do século XX resultou premiado Bernardino Graña.
No curso 1955-1956 prodúcese a galeguización das Festas Minervais da man de Xosé Manuel López Nogueira. Os seus principais obxectivos foron:
Que se incorporase a poesía galega ao certame con igual dotación económica que a castelá;
Que puidesen participar autores casteláns e galegos, e que se crease un premio de ensaio nas mesmas condicións. O SEU aceptou estas peticións, o que fixo que a cultura galega pasase a ter un estado universitario, un estado oficial, éxito que cambiou de forma considerada o panorama;
Conseguir que os xurados fosen compostos por galeguistas, o que foi a condenación da USC e o recoñecemento da cultura galega. Foron espectaculares as festas de ese ano. O 8 de marzo o diario La Noche publicou fotos sobre o certame, entre elas a entrega de premios a Ángel Blanco Losada, Xosé Luís Méndez Ferrín e Gonzalo Rodríguez Mourullo.