Grupo "Céltiga" de Ferrol

Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á poesía. Foi pechada na ditadura de Primo de Rivera en 1923. O equipo directivo -núcleo do Grupo Céltiga- estaba formado polo fundador e director Xaime Quintanilla Martínez, o secretario Fiz Álvarez do Castelo, o administrador Manoel Morgado e o xerente Ramón Villar Ponte.

Integrantes