O Grupo de Comunicación Poética Rompente foi creado en 1975 por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a el estiveron vencellados de maneira máis fugaz Alfonso Pexegueiro, Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.
Este primeiro núcleo formado xa por Pexegueiro, Reixa, Romón e Avendaño, preparou manifestos, recitais e interviña poeticamente en festas e manifestacións. Dese momento son as Follas de resistencia poética (1976-77).