Premio Blanco Amor 1986
A canción do vagamundo» (Sotelo Blanco Ediciones, 1986) é a historia dunha familia galega, mais concretamente luguesa, os Nogueira, e abran-
gue un periodo de cerca de oitenta anos, a través do ciclo vital clásico: aldea-vila-cidade. Ou sexa, Santiorxo,Monsfort (Monforte) e Lugh (Lugo). O fío conductor da saga, o espiñazo da narración, é mamai Otilia (nada en 1907), personaxe moi ben trazado, símbolo do matriarcado da sociedade
galega, especialmente a rural, onde a nai, a avoa, son o núcleo central da vida familiar. E mamai Otilia, con máis ou menos protagonismo, máis ou menos visible no relato, está sempre presente nel co seu corpo delgado, cos seus achaques, cos seus dentes postizos, coas súas enrugas, coas súas alegrías ou coas súas penas. Tamén coas súas teimas e as súas lembranzas do pasado, a quen a cidade —na que agora vive— lle da medo,
porque o seu medio natural, propio, é a aldea, a xente da aldea, a vida daaldea. Santiorxo: o seu mundo. O seu paraíso perdido.
Xosé Fernández Ferreiro