Premio Esquío de Poesía 1985
Faría o prólogo de A caneiro cheo da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán Ramiro Fonte. Del son estas palabras: “[...] Queremos, xa que logo, manifestar a esencial pluralidade de A caneiro cheo. O papel que nel xoga o concepto de Terra e as estéticas da paisaxe explicaría, ó noso entender, algunhas das importantes causas do libro, pero non aquela única causa. Tosar non é ningún pintor idílico da paisaxe galega. As súas cores pouco teñen que ver co franciscanismo de Noriega. Quizais a paisaxe que el interioriza está moi preto do cromatismo expresionista, de violenta pincelada. Quen ouse aventurarse polo labirinto de A caneiro cheo, medirá os ennovelados ritmos dunha sintaxe sempre arriscada. Entrará e sairá de espacios que se sobrepoñen de xeito case surreal.[...]”