A casa abandonada

1987
51R6xH4fmrL._SX353_BO1204203200_1.jpg

Olalla é unha regular estudante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumprir a “penitencia” de atravesar o soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga. O achado dun óso desencadea a aventura secreta de toda a panda. Polo medio, diferentes situacións que amosan as relacións coas persoas adultas, a amizade, as mancaduras, as vacacións, a escola, as trasnadas, os agasallos de Nadal, etc. O desenlace feliz, co descubrimento no soto da casa dunha tumba enigmática e dunha bolsiña de coiro con sete aneis de ouro. Unha casa abandonada, da que morreron todos os seus moradores hai moito tempo, e unha panda de rapaces e rapazas son os ingredientes deste libro de aventuras, que obtivo o Premio Merlín na súa primeira edición no ano 1986

Autoría