A cidade dos Césares é a historia dun soño, un tráxico canto épico, feito de ilusións e fracasos, protagonizado polas case catrocentas familias que entre 1776 e 1783 embarcaron na Coruña para colonizar as terras ignotas da Patagonia. A cidade dos Césares é a historia daquela singular aventura narrada en boca do difunto, Basilio Vilariño, piloto da vila Noia, que dialoga nestas páxinas co seu amigo e compañeiro de expedición, o gaiteiro Chinto de Muras.Víctor F. Freixanes preséntanos en A cidade dos Césares unha novela témera, desacougante, torrencial, ateigada de lirismo e humanidade: novela coral, escrita nunha linguaxe extraordinariamente rica, chea de musicalidade, que se mergulla na historia para recuperar a memoria da primeira emigración masiva do pobo galego ás Américas. Un dos grandes textos da literatura galega contemporánea.