Á de mosca

1998
71Lc5VvO1BL1.jpg

Carlos Ovelar, un fotógrafo freelance galego afincado en Madrid. Antigo traballador dos servizos estatais de intelixencia, é chamado polo marido da súa ex muller para que atope á filla, desaparecida recentemente. Malia que só estivera unha vez coa rapaza, e que as relacións coa súa ex muller son inexistentes, decide ir.

Coa axuda do Gualtrapa, outro ex membro dos servizos de intelixencia, ao igual que o pai de Carlos, descubrirá que Ania, a desaparecida, está en relación cos fillos dun dos capos do tráfico de cocaína, afincado na Illa de Arousa, e que a súa desaparición está relacionada co roubo de trinta quilos de droga.

Autoría