A desvértebra

2020
Adesvertebra.jpeg

Tras case unha década de silencio, Ana Romaní cartografía co rigoroso instrumental do poema, convertido aquí na substancia dun corpo común, social, inmobilizado, pero tamén nun exército liberador de ironía e irreverencia paródica. Os seus exhaustos organismos, sometidos ao escrutinio, ao control, á dirección, á disciplina, aos mecanismos diarios da vixilancia, explotación e espolio, parecen subsistir nos ámbitos sitiados por unha autoridade que se arma nos discursos, con estratexias despregadas no emocional, no intelectual e no físico.

Autoría