A autora expreme aquí trazos dunha estética pola que transita con efectividade e esixencia, onde salienta a dimensión simbólica que abraza revelándose tantas veces nas dicotomías ou nesa querenza por esculcar no pozo da memoria, pola imaxe visionaria, reforzando talvez con máis precisión neste libro unha suxestiva inclinación polo verso puro, conciso e rotundo, explícito xa no primeiro poema que nos presenta o asunto do espazo como un dos nucleares deste libro.