Un inverno de chuvia interminable, a escola de Marta, construída no cume dun outeiro, comeza a deslizarse pola aba do monte ata chegar ao río e, máis tarde, ao mar, navegando coma un verdadeiro barco. Malia as prohibicións da estrita directora e do xefe de estudos, Marta e os seus compañeiros, coa axuda de Ana, a profesora da clase, conseguen converter a experiencia en toda unha aventura pirata, onde as únicas leis son as das persoas que aman a liberdade. A imaxinación revélase como a única forza capaz de cambiar o mundo, e máis se se actúa de forma conxunta. Esta é a fermosa mensaxe da novela, na que resoan os ecos da mellor literatura nacida en defensa da fantasía e o poder da imaxinación.