A lentitude

2017
_A_lentitude.jpeg

O libro pecha unha triloxía que a autora iniciou no ano 2014 con “Os inocentes” e que inclúe tamén o volume “Deserto”.

A xuízo da escritora, A lentitude é en certo modo unha reivindicación, pois considera “que a presión social para xestionar e superar procesos que, pola súa natureza, teñen un tempo que cómpre respectar é algo profundamente estúpido”.

A escrita torrencial de María do Cebreiro, un dos nomes máis admirados da poesía galega actual, chega en A lentitude á explosión do poema, entendido o poema como reflexo case mimético da respiración da poeta e a samieira como un veo denso de palabras tras o que se esconde a montaña. Os lectores e as lectoras descubrirán unha María do Cebreiro máis vibrante que nunca, cunha linguaxe que arrastra os sedimentos da ametencia críptica, con revoltas que por momentos nos aproximan á mística, ao zen, ás sentencias morais, á intimidade confesional ou á revelación visionaria dunha muller que se reconstrúe constantemente na escrita. Sen dúbida tedes nas mans o libro máis sorprendente da autora.