A porta do lume

1992

Premio Esquío de Poesía 1991

A porta de lume subtitulado  “Libro quinto” está composto de tres partes ‘Habitantes do interior’, ‘A medida do tempo’ e ‘Defensa da memoria’.
O propio autor Xesús Manuel Valcárcel diríanos no prólogo da edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “En PORTA DE LUME tentei afondar, desde a síntese, nese territorio (a temporalidade) exclusivo da poesía.  As imaxes plásticas, soporte na poesía actual da metáfora, poden ser creadas con máis éxito por outras artes, e o mesmo acontece coa musicalidade, co tratamento dos emisores líricos, etc. Pero o ‘paso do tempo’ nada o expresa tan ben como a poesía, o que, certamente, non implica renunciar  a ningún dos outros elementos. Non é, desde logo,  o único eixo temático do libro, pero si no que puxen máis énfase. Alomenos inicialmente, porque no delongado proceso de cristalización da obra apareceron, con forza, outros (a indagación da esencia do ser, a memoria, a viaxe interior, a rebeldia, o amor contra os estragos do tempo...) que xa estaban presentes nas miñas obras anteriores. A PORTA DO LUME é, logo, unha continuación. [...]”
Sobre A porta de lume indicaría Ramiro Fonte: “As virtudes poéticas de Valcárcel áchanse para nós nunha grande capacidade de imaxe e metáfora. A súa é unha poética da desmesura, do paroxismo, manifestada nun versolibrismo que o poeta sostén mediante a enfatización da linguaxe poética e a capacidade xeneradora de imaxes.”