A saga dun afiador

1980
71114361_15_241.jpg

Era xa pola noitiña cando chegou á casa. Abriu a porta do patio e entrou. Parou uns momentos escoitando, mirando. Logo foi á corte e viu  as vacas roendo na palla por riba do carro. As pitas no poleiro, os porcos ganindo no cortello, esperando pola calda da cea. Na eira oíanse os rapaces que brincaban entre os palleiros e os hórreos. Xandón pechou a porta da cortee subiu as escaleiras. Entrou na casa. Carolina estaba pelando patacas na cociña, á beira do lume, sentada nun tallo, co pano posto na cabeza, anoado debaixo do papo. O velo diante, tremeu e quedou coma inmobilizada

Autoría