A sombra dos pavillóns

1983
24.jpg

Premio Esquío de Poesía 1982

Presenta o propio autor o seu poemario na edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “Non hai ‘arte’ -feito estético- sen ‘parte’ -partícipe-. Escreber poesía foi sempre, nas súa orixe, algo gratuito; dixera Bergson que sabia da duración e do retorno. Para escreber poesía actualmente, neste contexto marcado pola complexidade das relacións e polo horizonte da penúria, hai que tentar ollar con claridade a ténue liña fronteira entre o gratuito e o supérfluo, chamar á porta entreaberta da linguaxe e pedir -humildemente- permiso para a dúbida, a memória, a resistencia.
Esta selecta de poemas, escrita entre os dezaoito e vinte e un anos, nasceu deste escuro propósito.
Os pavillóns, á sombra dos cais foi surxindo este pequeno libro, deben entender-se no seu duplo sentido: como ‘emblemas, ‘símbolos’, esa paisaxe bretemosa que configura o propio mundo; e como ‘edifício’, construcións que entretecen as cidades onde vivin (Vigo, Valladolid, Santiago) cada unha con unha singular especificidade:  a infáncia, os espólios, o desexo, as caréncias.
Ninguén está obrigado a facer un libro; non hai argumento que non mereza o olvido; non hai orde que non sexa un novo xeito de nomear as cousas.”
Despois deste libro, cualificado como magnífico por moitas voces, Anxo Quintela só volvería á poesía, e por única vez, 14 anos máis tarde.

 

Autoría