... é agora o home, a prender a difícil arte de amar. Velaí, en esencia, o contido do poemario. Porque este é, se se lle pode aplicar ese calificativo propio da narrativa, un libro de aprendizaxe...
Adivíñase -eu sei que o é- un lector apaixonado, o lector-esponxa que exerce a intertextualidade dun xeito natural, tan lonxe do culturalismo pedante como do “colage” depredador. Deixa, propositadamente, pegadas das súas filias literarias máis fortes: Pezarnick, Neruda, Pilar Pallarés...
Mais, sobre todas as cousas, acredita no poder comunicativo da palabra e por iso a súa non é unha poesía hermética. Busca a arte, decántase por unha concepción estética do uso da lingua, mais pona ao servizo da experiencia vital.”
Palabras de Marica Campo no prólogo da edición da Colección Esquío de Poesía deste primeiro libro de Óliver Escobar.