Este libro, escrito por Fran Alonso e ilustrado por Fino Lorenzo, presenta unha completa biografía e unha antoloxía representativa da obra de María Mariño, a autora homenaxeada no Día das Letras Gelgas 2007. Estudando cada un dos periodos biográficos da autora, desde o seu nacemento en Noia, pasando pola súa estadía en Euskadi e a súa volta a Galicia onde vivirá o resto da súa vida no Courel. No libro vaise mesturando a realidade e a ficción, desvélanos a extraordinaria figura de María Mariño desde o mesmo día en que naceu. De Noia ao Courel, pasando polas difíciles circunstancias da Guerra Civil, A vida secreta de María Mariño describe a personalidade dunha muller e dunha obra literaria de gran altura. O libro, que inclúe unha cronoloxía e unha antoloxía poética, é de lectura agradable, amena e desenfadada.