Clara é unha muller luguesa de 45 anos, profesora de literatura castelá. En novembro de 1975, coincidindo coa morte de Francisco Franco, fai recapitulación da súa propia vida. Está casada con Gonzalo, un médico que coñeceu mentres estudaban na Universidade de Santiago de Compostela que ten unha forte militancia política. Con el tivo un fillo, Mario, con problemas de desenvolvemento intelectual. Mais Gonzalo marchou a Inglaterra, onde ten outra parella e dúas fillas.